sábado, abril 22, 2006

Agasallo convites ao Gmail.

Como xa todo o mundo sabe, Gmail é o correo de Google que fornece de case 3Gb de almacenamento e ten o que para min é o mellor sistema de organización do correo electrónico. Só se pode abrir unha conta no Gmail mediante convite se aínda non tes unha conta só tes que mandar un correo ao meu enderezo agatondosviosbardos(arroba)gmail.com e enviareiche un convite para que poidas abrir a túa conta de Gmail.

2 comentários:

Vicente disse...

Pero queda aínda alguén sen conta de Gmail???

Agatón dos Viosbardos disse...

Eu pensaba na xente que se vaia incorporando á rede. De momento 0 peticións. Igual devía lanzar unha campaña ¿Procuramos ao internauta sen conta de Gmail?. A recompensa será a exhibición da súa foto nun post baixo o epigrafe "Haiche de todo na viña do Señor"