segunda-feira, junho 12, 2017

Ao cair as folhas é..

Ao cair as folhas é quando se vêm os ninhos.

O que fai un cesto...

O que fai un cesto fai un cento, dándolle baras e tempo

quinta-feira, fevereiro 26, 2015

Quando a coisa vai de piolhos

Quando a cousa vai de piolhos não se adianta nada cambiando a camisa.

Que quer dizer que quando a causa do problema está em outro lado, neste caso na cabeça, de nada serve cambiar a camisa porque têm piolhos por uma limpa, de-seguido voltarão os piolhos a nova camisa.

quinta-feira, janeiro 15, 2015

O que diferença a um homem dum tolo

O que diferença a um homem dum tolo é que um homem não sempre faz o que quer.

segunda-feira, novembro 04, 2013

terça-feira, outubro 22, 2013

Está visto:

Está visto: de tanto cortar collóns un aprende a capar.

quinta-feira, maio 31, 2012

Friaxe


A lúa entra pola fiestra, ilumina unha habitación enorme onde tres homes aterecidos polo frío tremen nun chan de pedra. Soamente unha manta protexe os seus corpos da friaxe da noite. A xeada xa lles chegou ata os osos, facéndolles chocar os dentes. O frío impídelles durmir, o sono foxe diante deles. Os seus corpos cansos e rotos so anceian a alborada para poder fuxir da gaiola de xeo na que se atopan presos.

Aparecen carambos nos narices, respirar; doe, oprime. Unha aguda dor acompaña a cada alento. Na punta case insensíbel do nariz apreciase a pronta dor dos pulmóns á chegada do ar.

O xeo deixou ríxidas as mantas. 

Un deles nota un alento na súa caluga, quizais o sopro da morte pensa aterrado, divertido. É unha morte sen fouce, sen manto negro. Unha morte que treme cun cacho de tea nas mans. Unha morte que sente un frío inmenso. A tela cínguelle o pescozo. Sen aire patexa, revírase, loita. A súa cabeza quentase inundase de calor unha calor que baixa ata as costas e o home deixa de ter frío. Agora dous homes tremen no chan de pedra xunto a eles deitado hai un cadáver.

Achegase a alborada é un deles comeza a sentirse mellor xa non vai frío, el mesmo diría que sente un doce calor. Da cabalo do calor chega o sono, un sono acolledor e agradábel. O home dálle a benvida e o sono apoderase del.

O abrente un home, envolto en dúas mantas, corre e salta pola cela co nariz roto pondo coidado en esquivar dous cadáveres. Un dos cadáveres ten unha manta o outro non.

sábado, julho 31, 2010

Sobor a prohibición das Touradas en Cataluña.

Toda Europa foi un fervedoiro de supersticións e crueldades; de censuras, queimas de herexes e represións, e de torturas públicas de animais humanos e non humanos, incluídos o lanzamento de gatos desde as torres das igrexas, as pelexas de cans e de galos e de cans contra osos, e os peches, acoitelamentos e corridas de touros. Fronte a tanta sordidez e violencia, a Ilustración trouxo a Europa a apertura das mentes e a moleza dos costumes. As tradicións máis sanguinarias foron abolidas en case todas partes. Con todo, en España apenas houbo Ilustración e Fernando VII cortou de raíz os seus febles brotes, restaurando a Inquisición e a tauromaquia, entre outros horrores. España converteuse nunha excepción e anomalía, a famosa España negra, caricaturizada por Goya, unha anacrónica bolsa de crueldade e cutrerío afastada de calquera ciencia e compaixón. (http://www.elpais.com/articulo/opinion/principio/fin/elpepucul/20100729elpepuopi_1/Tes)


En 1834 fíxose o primeiro intento de abolir a inquisición e, como agora cos touros, a reacción votouse as rúas e foi alternativamente instaurada e abolida. De feito tras a lumieira civilizadora da 2ª república a reacción tomou as rúas e a inquisición volveu ser instaurada, até a aprobación da constitución. Foi entón cando a Tauromaquia se promocionou como símbolo nacional español, estandarte da barbarie fascista que tomou o país durante 40 anos.

Son os touros son un arte sublime? Certamente o son nun país dirixido e educado por xentes que teñen por lema "Viva la muerte, muera la inteligencia". De non ser por sermos o único estado medio civilizado do mundo no que a maioría da súa poboación foi educada e viviu no fascismo as touradas non pasarían de ser unha peculiaridade sanguinaria, como o foron as pelexas de cans e osos en Rusia; e como tal foron tratadas.

Aquí estamos novamente nunha batalla que os pobos de España levan librando, dentro deles e entre eles, durante dous séculos. A luz contra a escuridade. A tiranía e as tebras do pasado contra un futuro brillante. Europeístas contra Africanistas. Garrulos, gordos, con puro na boca e fascismo nas veas contra ilustrados, viaxeiros, trilingües, emprendedores, comerciantes. Caciques contra meritocráticos. E unha vez máis a modernidade que semellaba ao alcance da nosa man volta a ser afastada de nos, por unha onda de tradicións escurantistas, lembranzas do escuro pasado de Europa, que se refuxia en España.

Unha España negra, inculta e brutal quere apagar a luz que o faro catalán proxecta sobre ela.

Acertada visión sobre o transfondo do asunto en The Guardian:

quinta-feira, março 11, 2010

Nova campanha antiaborto

A igreja católica lançou uma nova campanha "¡Es mi vida! está en tus manos!" contra a reforma da lei do aborto que pretende levar a cabo o governo do PSOE.

Vaia por diante que eu creio totalmente legitima a oposição ao aborto por parte da igreja. O que não é tão legitimo e tratar de impor os princípios morais aos cidadãos que não os compartilham.

Por isso acho que esta seria uma campanha antiaborto mais atinada e permitiria a igreja tomar uma posição mais sensata na prevenção do sida.


Veremos esta campanha feita realidade nuns anos? Se a terra rematou por girar ;-)

domingo, fevereiro 21, 2010

A cortesia e a mentira

A perfeição mais elevada da cortesia não é mais que um fermoso edifício, construído, desde a base ata o tecto, com as modalidades douradas e graciosas do embuste altruísta e caritativo.

Mark twain.

quarta-feira, fevereiro 10, 2010

domingo, dezembro 13, 2009

ZTE MF626 de Yoigo en Ubuntu 9.10

O problema con ese moden e que é recoñecido como cd e non como moden polo que temos que cambiar isto. Para iso necesitamos instalar USB_ModeSwitch pódese descargar desta web –>http://www.draisberghof.de/usb_modeswitch/
tendo así a última versión ou ben podemos instalalo a través de synaptic xa que xa foi incluído nos repositorios.
  1. Temos que ter instalado libusb, xa esta instalado en Ubuntu Karmic Koala.
  2. Descomprimimos o arquivo, abrimos o terminal imos ao cartafol onde descomprimimos e executamos "sudo make install..." e o nome do arquivo descomprimido. Pediranos o contrasinal de administrador e instalarase automaticamente.
  3. Unha vez instalado executamos o arquivo de configuración do ModeSwitch executando a seguinte instrucción “gedit /etc/usb_modeswitch.conf”.
  4. Unha vez aberto procuramos os seguintes datos no arquivo e quitamoslle os puntos e coma “;“:

    ########################################################
    # ZTE MF628+ (tested version from Telia / Sweden)
    # ZTE MF626
    # ZTE MF636 (aka "Telstra / BigPond 7.2 Mobile Card")
    #
    # Contributor: Joakim Wennergren

    ;DefaultVendor= 0×19d2
    ;DefaultProduct= 0×2000

    ;TargetVendor= 0×19d2
    ;TargetProduct= 0×0031

    # only for reference
    # MessageEndpoint=0×01

;MessageContent=”55534243123456782000000080000c85010101180101010101000000000000″


5. Gardamos os cambios e saímos.
6. Executamos lsusb para comprobar que hai un dispositivo con seguinte ID 19d2:2000.
7. Executamos no terminal “ sudo /usr/sbin/usb_modeswitch -W -c /etc/usb_modeswitch.conf”.
  • Este comando cambia o modo cd co que se identifica o modem para permitirnos instalar os drivers en windows e mac ao modo modem e lector de tarxetas permitindo que o linux o poda recoñecer como moden. Agora e detectado polo networkmanager.
8. O mellor é desactivar o código pin da tarxeta aínda que é posíbel configuralo co networkmanager (eu non o probei).
9. Agora usamos o networkmanager para configuralo temos a configuración por defecto de yoigo xa preconfigurada no programa. O número é *99#, deixamos usuario e contrasinal en branco.
10. Entramos en configurar métodos e desactivamos todos agás PAP.
11. Agora xa nos aparecerá en conexións o noso acceso a internet móbil. Premendo nel xa se nos conecta (a min e primeira vez colgoume o sistema, si señores, o primeiro colgue de linux, despois funcionou perfectamente).

Cada vez que o queiramos utilizar necesitaramos executar no terminal "sudo /usr/sbin/usb_modeswitch -W -c /etc/usb_modeswitch.conf". O máis sinxelo é crear un arquivo que execute esa orde no terminal. Para elo:
  1. Creamos un arquivo no menu do botón dereito e chamamolo *.sh, no meu caso "modem yoigo.sh"
  2. Editamolo co gedit e poñemos unha soa liña con "sudo /usr/sbin/usb_modeswitch -W -c /etc/usb_modeswitch.conf".
  3. Poñemos un acceso directo nos menus a este arquivo e cando premamos nel e nos pregunte o sistema escollemos "executar nun terminal".
As fontes desta mensaxe:
  1. http://www.guiskas.com/2009/08/08/zte-mf626-y-ubuntu-9-04/#more-886
  2. http://www.ubuntu.org.uy/main/?q=node/986