tendo así a última versión ou ben podemos instalalo a través de synaptic xa que xa foi incluído nos repositorios.
- Temos que ter instalado libusb, xa esta instalado en Ubuntu Karmic Koala.
- Descomprimimos o arquivo, abrimos o terminal imos ao cartafol onde descomprimimos e executamos "sudo make install..." e o nome do arquivo descomprimido. Pediranos o contrasinal de administrador e instalarase automaticamente.
- Unha vez instalado executamos o arquivo de configuración do ModeSwitch executando a seguinte instrucción “gedit /etc/usb_modeswitch.conf”.
- Unha vez aberto procuramos os seguintes datos no arquivo e quitamoslle os puntos e coma “;“:
########################################################
# ZTE MF628+ (tested version from Telia / Sweden)
# ZTE MF626
# ZTE MF636 (aka "Telstra / BigPond 7.2 Mobile Card")
#
# Contributor: Joakim Wennergren;DefaultVendor= 0×19d2
;DefaultProduct= 0×2000;TargetVendor= 0×19d2
;TargetProduct= 0×0031# only for reference
# MessageEndpoint=0×01
;MessageContent=”55534243123456782000000080000c85010101180101010101000000000000″
5. Gardamos os cambios e saímos.
6. Executamos lsusb para comprobar que hai un dispositivo con seguinte ID 19d2:2000.
7. Executamos no terminal “ sudo /usr/sbin/usb_modeswitch -W -c /etc/usb_modeswitch.conf”.
- Este comando cambia o modo cd co que se identifica o modem para permitirnos instalar os drivers en windows e mac ao modo modem e lector de tarxetas permitindo que o linux o poda recoñecer como moden. Agora e detectado polo networkmanager.
9. Agora usamos o networkmanager para configuralo temos a configuración por defecto de yoigo xa preconfigurada no programa. O número é *99#, deixamos usuario e contrasinal en branco.
10. Entramos en configurar métodos e desactivamos todos agás PAP.
11. Agora xa nos aparecerá en conexións o noso acceso a internet móbil. Premendo nel xa se nos conecta (a min e primeira vez colgoume o sistema, si señores, o primeiro colgue de linux, despois funcionou perfectamente).
Cada vez que o queiramos utilizar necesitaramos executar no terminal "sudo /usr/sbin/usb_modeswitch -W -c /etc/usb_modeswitch.conf". O máis sinxelo é crear un arquivo que execute esa orde no terminal. Para elo:
- Creamos un arquivo no menu do botón dereito e chamamolo *.sh, no meu caso "modem yoigo.sh"
- Editamolo co gedit e poñemos unha soa liña con "sudo /usr/sbin/usb_modeswitch -W -c /etc/usb_modeswitch.conf".
- Poñemos un acceso directo nos menus a este arquivo e cando premamos nel e nos pregunte o sistema escollemos "executar nun terminal".
Sem comentários:
Enviar um comentário