A lúa entra pola fiestra, ilumina unha
habitación enorme onde tres homes aterecidos polo frío tremen nun
chan de pedra. Soamente unha manta protexe os seus corpos da friaxe
da noite. A xeada xa lles chegou ata os osos, facéndolles chocar os
dentes. O frío impídelles durmir, o sono foxe diante deles. Os seus
corpos cansos e rotos so anceian a alborada para poder fuxir da
gaiola de xeo na que se atopan presos.
Aparecen carambos nos narices,
respirar; doe, oprime. Unha aguda dor acompaña a cada alento. Na
punta case insensíbel do nariz apreciase a pronta dor dos pulmóns á
chegada do ar.
O xeo deixou ríxidas as mantas.
Un deles nota un alento na súa
caluga, quizais o sopro da morte pensa aterrado, divertido. É unha
morte sen fouce, sen manto negro. Unha morte que treme cun cacho de
tea nas mans. Unha morte que sente un frío inmenso. A tela cínguelle
o pescozo. Sen aire patexa, revírase, loita. A súa cabeza quentase
inundase de calor unha calor que baixa ata as costas e o home deixa
de ter frío. Agora dous homes tremen no chan de pedra xunto a eles
deitado hai un cadáver.
Achegase a alborada é un deles comeza
a sentirse mellor xa non vai frío, el mesmo diría que sente un doce
calor. Da cabalo do calor chega o sono, un sono acolledor e
agradábel. O home dálle a benvida e o sono apoderase del.
O abrente un home, envolto en dúas
mantas, corre e salta pola cela co nariz roto pondo coidado en
esquivar dous cadáveres. Un dos cadáveres ten unha manta o outro
non.