sábado, julho 31, 2010

Sobor a prohibición das Touradas en Cataluña.

Toda Europa foi un fervedoiro de supersticións e crueldades; de censuras, queimas de herexes e represións, e de torturas públicas de animais humanos e non humanos, incluídos o lanzamento de gatos desde as torres das igrexas, as pelexas de cans e de galos e de cans contra osos, e os peches, acoitelamentos e corridas de touros. Fronte a tanta sordidez e violencia, a Ilustración trouxo a Europa a apertura das mentes e a moleza dos costumes. As tradicións máis sanguinarias foron abolidas en case todas partes. Con todo, en España apenas houbo Ilustración e Fernando VII cortou de raíz os seus febles brotes, restaurando a Inquisición e a tauromaquia, entre outros horrores. España converteuse nunha excepción e anomalía, a famosa España negra, caricaturizada por Goya, unha anacrónica bolsa de crueldade e cutrerío afastada de calquera ciencia e compaixón. (http://www.elpais.com/articulo/opinion/principio/fin/elpepucul/20100729elpepuopi_1/Tes)


En 1834 fíxose o primeiro intento de abolir a inquisición e, como agora cos touros, a reacción votouse as rúas e foi alternativamente instaurada e abolida. De feito tras a lumieira civilizadora da 2ª república a reacción tomou as rúas e a inquisición volveu ser instaurada, até a aprobación da constitución. Foi entón cando a Tauromaquia se promocionou como símbolo nacional español, estandarte da barbarie fascista que tomou o país durante 40 anos.

Son os touros son un arte sublime? Certamente o son nun país dirixido e educado por xentes que teñen por lema "Viva la muerte, muera la inteligencia". De non ser por sermos o único estado medio civilizado do mundo no que a maioría da súa poboación foi educada e viviu no fascismo as touradas non pasarían de ser unha peculiaridade sanguinaria, como o foron as pelexas de cans e osos en Rusia; e como tal foron tratadas.

Aquí estamos novamente nunha batalla que os pobos de España levan librando, dentro deles e entre eles, durante dous séculos. A luz contra a escuridade. A tiranía e as tebras do pasado contra un futuro brillante. Europeístas contra Africanistas. Garrulos, gordos, con puro na boca e fascismo nas veas contra ilustrados, viaxeiros, trilingües, emprendedores, comerciantes. Caciques contra meritocráticos. E unha vez máis a modernidade que semellaba ao alcance da nosa man volta a ser afastada de nos, por unha onda de tradicións escurantistas, lembranzas do escuro pasado de Europa, que se refuxia en España.

Unha España negra, inculta e brutal quere apagar a luz que o faro catalán proxecta sobre ela.

Acertada visión sobre o transfondo do asunto en The Guardian: