sexta-feira, outubro 24, 2008

Galego-portugués

"Galego-portugués" é o título dun artigo publicado por Francisco Rodríguez en Xornal.com sobre a Academia Galega da Lingua Portuguesa, ao lelo xurdiume unha reflexión. Nunha parte do artigo di:


  • Certamente a solución non está en denominar o galego “portugués de Galiza”.


Dinos, sen máis explicacións, que a solución non está en denominar ao galego “portugués da Galiza”. Sexa, pero xurdeme unha pregunta Podería axudar a reintegración da nosa lingua denominar ao Galego Portugués da Galiza?(Xa sei que crearía problemas e rexeitamentos na Galiza pero porque non imor poder vencelos).


  • -Continua-"Está en dar pasos claros, prácticos, para reintegrar o noso idioma no seu espazo natural, o galego-portugués. Un destes pasos, tímido, foi a “Normativa de Concordia”. Malia a súa legalidade, enfróntase a moi serias resistencias na súa aplicación xeneralizada nas administracións e institucións oficiais. É ignorada a mantenta ou usada na súas opcións non preferentes.”

Aquí xurdeme unha pregunta e unha reflexión:

A pregunta: Non é un paso claro e práctico xa que elimina a confunsión de dous nomes para a mesma lingua (o que facilita falar de dúas linguas como no caso do valenciano e o catalán) denominar as falas galegas portugués da Galiza?

A reflexión: se un destes pasos propostos por el é a “Normativa de Concordia” e segundo o propio Francisco Rodríguez afirma no artigo está a fracasar, é ignorada é manténse un uso maioritario das opcións españolistas, (un chisco contradictorio este tipo de pasos son a solución máis cita un exemplo que está a fracasar). Porque non probar que acontece se no canto de procurar tímidos pasos procuramos dar pasos afoutos ou combinamos ambos os dous tipos de pasos e damos unha boa alancada.

  • -[...]-É conveniente a maior aproximación da normativa oficial á do portugués. Esta aproximación esixe compromisos, conivencias e recoñecemento por parte dos países lusófonos, a comezar por Portugal. Tanto como de información e comprensión por parte da sociedade galega. Os obxectivos estratéxicos deben ser claros; as tácticas deben calibrarse, con debates serenos e propostas eficaces para avanzar...


1.- Esta aproximación esixe compromisos, conivencias e recoñecemento por parte dos países lusófonos, a comezar por Portugal.

Creo eu que un bo xeito de gañar conivencias e recoñecemento por parte dos países lusófonos, a comezar por Portugal, é comezar a decir claramente que falamos a mesma lingua que é coñecida en todo o mundo agás no noso terruño como Portugués (por inxusto ou carente de argumentos cientificos que sexa o nome isto é un feito).

É moito máis claro para calquer lusófono, e xera mellor predisposición, dicir: falo portugués da Galiza. Que dicir: Falo galego que é a lingua irmá/nai do portugués/a mesma lingua só que non é exactamente portugués porque tivo unha evolución histórica diferente e queremos reintegrala aos poucos no portugués. (Muito bem, mientras la reintegrais hablamos en español :-) [desculpade o chiste].

2.-Tanto como de información e comprensión por parte da sociedade galega. Concordo pero, opino eu, que as principais resistencias a aplicar a “Normativa de Concordia” (e por extensión a reintegración) non son produto da falta de información e comprensión da sociedade galega senón da firme oposición a reintegración dunha importante parte da sociedade galega, que ao igual que tratan de facer co valenciano, reducen a importancia e a usabilidade do galego separandoo do portugués e pola vía do galego sinxelo, que consiste en vale todo pero escollemos sempre a solución que se aproxime máis ao español, como:

  • Conca-bacía
  • Encontrar-atopar, achar.
  • Cerrar-pechar.
  • Regalo-agasallo
  • Ventá-fiestra, xanela
  • Recordar-lembrar
  • Non obstante (é maioritariamente sen embargo, que xa non está admitido)- porén
  • Anque (pero que mal soa por deus)-aínda
  • Ordenador-computador.
  • Buscar-procurar
  • Xirar-virar
  • Mirar-ollar
  • Lúns-segunda-feira
etc, etc (se se vos ocorren máis exemplos deste tipo por favor deixadeos nun comentario, fago coleción)

E falamos mal galego inzandoo de castelanismos e perifrasís casteláns logo os galego-falantes escomenzan a usalas porque son as que usa todo o mundo cando fala galego (eu xa vin paleo galegos a falar colocando antes os pronomes, que é máis culto como fan os nosos políticos e a TVG) así pouco a pouco o galego vaise convertendo en castrapo e co tempo nalgo semellante ao que fica do asturiano que desapareceu por integración no español. E sen ser tan tremendistas pouco se vai asemellar ao portugués porque as palabras compartidas foron e son substituidas lenta e firmemente polas que se asemellan ao español e as outras xa non están/estarán en uso e non as coñece/coñecerá ninguén que non use o diccionario e os que as coñecen non as usan porque os seus concidadáns non as entenden ou os ollan raro.

Unhas reflexións finais sobre estratéxias:

1.- Hai un conflito linguístico e unha das armas do sector españolista é aproximar o galego ao español e eliminar do uso corrente os modos, verbas e formas máis diferenciadas do español.

2.-Ese sector impuxo unha norma e unha separación real do galego do portugués, alén da norma procurou a separación léxica e fonética. E conseguiuno!

3.-Os máis opostos a recoñecer as falas galegas como unha forma de portugués maioritariamente simpatizan con Galicia Bilingue.

4.-Todo intento de reintegración por pequeno e moderado que sexa contará cunha firme oposición deste sector.

5.-Non haberá recoñecemento nin conivencia dos paises lusofonos mentres nos mesmos non nos recoñezamos como plenos lusófonos, como van recoñecer o que nos negamos na práctica. (A raíz da Academia Galega da Lingua Portuguesa xa se acusou aos apoiantes lusofonos de colonialismo portugués.)


6.-O principal atranco para denominar Portugués da Galiza ao galego son os nosos prexuizos (Bótansenos enriba e menudo puteo que só ser portugués e peor que ser galego). Se portugal fora a Franza outro galo cantaría e máis dun españolfalante falaría galego con sotaque parisino (lisboeta).

7.- Non pensemos nos pequenos pasiños pensemos nas grandes alancadas. Seguro que o esforzo para dar todos os pequenos pasiños necesarios e maior que o que precisamos para dar grandes alancadas. Total vannos criticar e atacar igual e xa estamos a perder (De perdidos al río que se di en español).