sábado, junho 09, 2007

Para a Xeración Son-Goku

Recomendo a todos os que medraron vendo Son-Goku, que non se perdan este vídeo. Agárdanvos unhas boas risas. Eu de pequeno tamén queria botar ondas vitais.


Otakus - ZappInternet

segunda-feira, fevereiro 19, 2007

Como ler em galego se voçê fala português.

Este blog está escrito em galego-português que é a minha língua. Umas vezes com grafia galega e outras com grafia portuguesa que, para mim, tanto faz.

O galego-português originou-se na Galiza e com a reconquista estendeu-se pelo Sul no território que logo daria origem ao Reino de Portugal. Por questões de sucessões de reis e rainhas o território da Galiza dividiu-se em dois. O condado Portucalense sede da diocese mais importante do Reino da Galiza, Braga, atingiu a sua independência e deu origem ao Reino de Portugal enquanto o norte (A Galiza) ficava na coroa de Leão. No século XV os Reis Católicos da Espanha começarão a “Doma e castração” do Reino da Galiza proibindo o uso do Galego. O galego ficou sem escrita por case quatro séculos até que no século XIX os nacionalistas começarão a escrever novamente, mais naquela altura eles só sabiam escrever em espanhol assim que escreverão o galego com a ortografia do Espanhol. Esta foi a grafia que o governo galego adaptou como oficial. Acho que para gente acostumada à grafia portuguesa é difícil ler o galego por isso ocorreu-se-me fazer uma pequena guia para os leitores de português poder ler o galego:


Como ler o galego

ll=lh
coello =coelho

ñ=nh
miña=minha

nh≠nh
unha= uma
ulgunha=alguma

-n no final -m
-un=um

x=j
hoxe=hoje
excepto:
xi, xe=gi, ge
Xigante=gigante
Xeral=geral

S=ss, s
Pasar=passar

-ón/-án= -ão
Alemán=alemão

-áns =-ães
Alemans=alemães

-óns=-ões
Camións=camiões

Com estas pequenas instruções um leitor de português não há de achar nenhum problema em perceber o galego. Mais eu agradeceria as suas perguntas e sugestões ao respeito, para poder incrementar as equivalências.

quarta-feira, janeiro 31, 2007

Como provocar uma guerra

Naturalmente, a gente comum não quer guerra: nem na Rússia, nem na Inglaterra, nem tampouco na Alemanha. Isso é evidente. Mas, finalmente são os líderes de cada país aqueles que decidem a política, e é sempre uma tarefa fácil arrastar o povo, quer numa democracia, quer numa ditadura fascista, num sistema parlamentar ou numa ditadura comunista. Com voz ou sem ela, o povo sempre pode ser atraído ao chamado dos líderes. Isto é fácil. Tudo o que é preciso fazer é dizer ao povo que está a ser atacado, e acusar as pessoas que procuram a paz de falta de patriotismo e de estar a pôr o país em perigo. Funciona igual em qualquer país.

Hermann Göering, durante o juízo de Nuremberg.

terça-feira, janeiro 30, 2007

Julio Cesar

Os homens, às vezes, são donos dos seus destinos;
A culpa, querido Bruto, não está na nossa estrela,
Senão em nos mesmos, se nos resignamos à inferioridade.

Julius Caesar I,II

domingo, janeiro 28, 2007

Galician Pshyco

Creo que é produto do sono, tal vez dous días sen apenas durmir superaron a miña capacidade de resistencia, quizais caeron os meus mecanismos inhibitorios e a miña libido pasou a rexer a miña conduta. Non o sei pero algo trocou dentro da miña cabeza.

Sinto que o profesor de ecoloxía desafíame, pobre e patético idiota a penas consegue falar. Pensa que ten tantas verdades que transmitirnos que só consegue transmitirnos a miseria da súa existencia.

Pero non é isto o que importa, o que importa o que importa son os desafíos que me lanza coa mirada rétame a loitar con el, cada vez que fai unha afirmación das sementes desafíame. Vou toleralo? Que podo facer? Erguerme e insultalo abertamente. Non iso non seria suficiente para recoller a luva co que me golpeou a cara. Só a loita pola supervivencia satisfará o irrefreábel instinto homicida que me enche.
Iso ocorre, quero matalo. Enchoupar as miñas mans co seu sangue mentres se extingue a súa vida e logo triunfante; poderoso; cuspir sobre o seu cadáver.

Pero algo me impide facelo. Que é? Non o sei.

Se os dous estivésemos a soas un dos dous xa non existiría. Dáme vergoña matalo en público? Eu diría que non posto que o meu asasinato privado faríase público ao sumo nunhas poucas horas e iso eme absolutamente indiferente. Creo que a miña reticencia a matalo debe ter algo que ver co medo a tribo, máis que o medo ten que ser o respecto pola tribo que todo o mundo ten gravado nos seus xens. Non me importa nada matalo pero impórtame a opinión da aula. Por iso vai vivir.

Outra vez me mirou, rise. Sabe que lle perdoei a vide, que fun feble, que non tiven o valor de aceptar o seu reto. É certo, foi o que pasou e agora precisamente por isto debo matalo. Sabe que son feble e el ódiame, non debe vivir.

Agardarei a que remate a clase, seguireino ao despacho e alí, sen grupo que me condene ou deteña, matareino. Os despachos sempre están mesturados cos laboratorios. Podería achar algo co que matalo, non sei tal vez un bisturí, un coitelo, unha maza... Algo que me permita facelo de forma brutal de xeito que poda decatarse do que acontece. Que saiba que non vai ser só un golpe senón que vai morrer.

Saberei que se decatou cando me mire con esa cara de incredulidade, esa cara de non poder crer que realmente vai morrer. Non, iso non lle pode pasar a el –pensará o cretino-. E aí eu gañei, triunfei. Logo non me queda senón matalo, mero tramite.

A clase rematarase e el sairá, iluso, tal vez fale con algún alumno. Dirixirase ao seu despacho e pensará que facer despois, pode que incluso se cite con alguén para despois da súa morte. Patético verdade.


Agatón

sexta-feira, janeiro 26, 2007

Cashback

Curtametraxe, nominada aos Oscar en 2004, que nos da unha penetrante e verídica descrición sobre o embrutecedor que resulta o traballo. A diferenza do preconizado polos marxistas, nos viosbardos creemos que o traballo non dignifica (cousas de funcionarios) senón que embrutece. Nesta corta podemos ouvir unha das mellores definicións do que significa o traballo:


“I trade my time: I
give them eight hours. They give me money. Cashback”. Ben Willis- Cashback

quinta-feira, janeiro 25, 2007

Chamada

Emporiso,
a miña voz que aínda
gosta no cuspe o sangue do vencido non vengado
dí: Escoitade ben, abride ben as orellas,
pobo de Galicia, pobo vencido de Galicia
traballadores asesinados de Galicia
Eu chamo por il, Roi Xordo, compañeiro da xente

Xosé Luis Mendez Ferrín

domingo, janeiro 14, 2007

A importância da lei na Galiza

A lei em Ashur, dizia ele, era menos importante que um primo bem colocado! Adhian, o único Ashurita do grupo, retorquiu com naturalidade:

- As leis servem para os parentes e amigos bem colocados ajudarem os seus parentes e amigos que não estão bem colocados; toda a gente sabe isso!

O poeta admirou em silêncio esta sábia resposta enquanto Rashid largava a rir e exclamava:

-Já sabia que os Ashuritas tendem para a corrupção; mas tanto assim!...

O rapaz, que falara com absoluta inocência, estranhou tal hilariedade:

-Não sei o que é isso da corrupção. Só sei dizer como se vive em Ashur.
-Adhiam- interveio o poeta- não te zangues, não estamos a criticar o teu país, só sentimos uma certe curiosidade. Por um lado, bem vês, a vossa lei torna-vos a vida impossível; por outro, os poderosos torcem-na a favor dos amigos... e que sucede então, diz-me, com aqueles que não têm amigos ou parentes bem colocados?

Perplexo com tanta ingenuidade – da parte de quem devia saber tudo - Adhian encolheu os ombros e respondeu: -Não é há muita gente assim. E depois, quando não se tem amigos ou parentes, o dinheiro arranja-os.

- E quando não há dinheiro?
- Então é uma desgraça. Ma em toda a parta há gente sem sorte. Não é assim nos vossos países?

Rashid ia falar, porém o poeta declarou que aquilo, de facto, não era bem corrupção e sim uma estrutura social.

O Homem Sem Nome
João Aguiar

Lembra ou não lembra à Galiza?

domingo, abril 23, 2006

Lembrando aos Martires de Carral.

RADIOFUSION (Radiofusión é a programación conxunta das Emisoras Municipais Galegas) realizará o vindeiro mércores 26 de abril un programa especial divulgativo en torno aos sucesos que acaeceron en Galiza en abril de 1846. O espazo poderá sintonizarse de 9 a 12 da mañá en RADIOFUSION Ferrolterra (107.7 da Frecuencia Modulada na área Ferrol A Coruña) e de 7 da tarde a 10 da noite no circuíto galego das emisoras municipais.

Non vos perdades a oportunidade de saber algo máis sobre estes feitos que na actualidade están medio esquecidos. A miña sincera noraboa por esta iniciativa.

sábado, abril 22, 2006

Agasallo convites ao Gmail.

Como xa todo o mundo sabe, Gmail é o correo de Google que fornece de case 3Gb de almacenamento e ten o que para min é o mellor sistema de organización do correo electrónico. Só se pode abrir unha conta no Gmail mediante convite se aínda non tes unha conta só tes que mandar un correo ao meu enderezo agatondosviosbardos(arroba)gmail.com e enviareiche un convite para que poidas abrir a túa conta de Gmail.

quarta-feira, abril 19, 2006

Manifesto revolucionario da Xunta da Galiza.


A expresión política nacionalista comezou a xestarse dende o século XIX. O primeiro episodio protagonizouno o provincialismo liberal, do que foi máximo expoñente Antolín Faraldo, e que culminou cun episodio tráxico: A revolución de 1846 obtivo o apoio de militares liberais que serían derrotados e que se saldou co fusilamento dos oficiais máis destacados, os chamados Mártires de Carral. Daquel episodio quédanos o que sen dubida é o manifesto máis fermoso que teña visto a luz na Galiza, publicado o día 20 de Abril no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, maña cúmprense 160 anos da súa publicación:


A XUNTA SUPERIOR PROVISIONAL DE GOBERNO DA GALIZA
AOS SEUS HABITANTES.

[...] (No inicio fai un resumo de proclamas, ideas e feitos vinculados ao liberalismo)

Á inmortal Lugo cópolle a gloria de ser a primeira que deu ese berro santo, que é o eco de todos os corazóns, e na bandeira enarborada o día 2 de abril, sobre os muros daquela cidade, están escritos os pensamentos e desexos de toda a nación. Por isto o país respondeu ao instante á máxica verba que resoou en Lugo, Santiago, Pontevedra, Vigo Tui, Baiona, e os demais pobos do antigo Reino da Galiza reúnense en torno da única bandeira que pode salvarnos da ignominia e opresión, das tebras e a miseria.

Os cidadáns que subscriben e os que chegarán moi pronto a esta cidade, ao constituírse en Xunta Superior Provisional de Goberno das catro provincias da Galiza, polo voto unánime do pobo e do exercito, erguen en alto a bandeira de Lugo porque é patriótica, grandiosa, santa, e gravan nela con man firme o pensamento da revolución de 1846, seguros que cumpren a vontade do país poñendo como lema: ISABEL II LIBRE E CONSTITUCIONAL, ABAIXO O SISTEMA TRIBUTARIO, LIBERDADE, INDEPENDENCIA NACIONAL, CORTES CONSTITUINTES.

Ao tomar sobre os seus ombros unha misión tan honrosa como delicada só lles é dado anunciar que a cumprirán con resolución e lealdade, deixando o encargo de xustificar os seus actos, porén a vida dos seus individuos é ben pública para que poida inspirar desconfianza. Harmonizar todos os desexos e todas as vontades, dirixir a unha soa fin os esforzos dos pobos e tropas, centralizando a acción revolucionaria, e creando un directorio activo e intelixente que poña ás catro provincias da Galiza en estado de despregar todo o seu formidábel poder para poder propagar este alzamento tan puro e lexitimo pola súa orixe como sublime e inmenso pola súa fin, serán as principais tarefas da Xunta superior. Ningún obstáculo faralle retroceder na marcha e dende a altura onde a colocan os sucesos chamará aos pobos a quebrar as cadeas na fronte dos tiranos.

Cree, tamén, dentro da súa conciencia que ten outro deber que cumprir con respecto a Galiza. Ata agora a revolución foi unha horríbel mentira unha farsa impía... É tempo de que se realicen as encantadoras promesas que romperon os sacerdotes da política, recollendo os froitos de tanta abnegación e de tanto sacrificio. O pobo conquistará nesta revolución o que lle arrebataron os cómicos dos pronunciamentos: pan e dereitos, Galiza, arrastrando até aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha verdadeira colonia da corte, vai a erguerse da súa humillación e abatemento. Esta Xunta, amiga sincera do país, consagrarase a engrandecer o antigo Reino da Galiza, dando proveitosa dirección aos numerosos elementos que atesoura no seu seo, erguendo os cimentos dun porvir de gloria. Para conseguilo esforzarase constantemente en fomentar intereses materiais, crear costumes públicos, abrir as fontes naturais da súa riqueza, a agricultura e o comercio, e poñer en harmonía coa época os hábitos e ideas que deixou unha sociedade decrépita fundada sobre a ignorancia. Espertando o poderoso sentimento do provincialismo, e encamiñando a unha soa fin todos os talentos e todos os esforzos, chegará a conquistar Galiza a influencia da que é merecedora, colocándose no alto lugar ao que está chamado o antigo reino do Suevos. Que a espada da Galiza faga inclinar unha soa vez a balanza na que pesan os destinos de España.

GALEGOS. A Xunta Superior Provisional non vacilará en asegurarvos, que contando co voso franco apoio, logrará que a nosa provincia* sexa temida e respectada por nacionais e estranxeiros.

Patria e liberdade. Santiago 15 de abril de 1846. Pio Rodríguez Terrazo, Presidente. José María Santos. Ramón Buch. Por acordo da Xunta: Antolín de Faraldo. Secretario.


*Clara alusión ao obxectivo provincialista que esixía a reunificación da Galiza nunha única provincia tralo desmembramento do antigo Reino en catro provincias.